CAPELA DE SAN ANDRÉS

Relixioso
1135

Localización

Parroquia: San Fiz de Monfero (San Fiz)

Lugar: Santo André da Ribeira

15619  Monfero - A Coruña

Coordenadas:
43º 22' 41.0" N - 8º 01' 55.9" W

Descrición

Pequena capela sen estilo definido, de tipoloxía rural moi frecuente na bisbarra. Planta rectangular con única nave e diminuta sancristía. No interior, austeridade e estrutura área con armazón de madeira que reduce a altura da nave e presenta o presbiterio máis elevado. No exterior, muros de cachotería miúda e reforzo de pezas graníticas nos esquinais. Cuberta de lousa irregular a dúas augas. Volumetría sinxela. Sobria fachada principal, organizada nun corpo e porta rectangular. Sobre a cornixa, unha espadana simple dun só corpo. Diante da igrexa, un pequeno pórtico, con cuberta a tres augas sobre dous piares irregulares, serve de protección ante inclemencias meteorolóxicas.

Acceso

Dende a capital municipal tomar a estrada sinalizada ao Mosteiro de Monfero a 2,5 Km. Seguir a estrada a Visura e continuar toda a estrada pasando por Pazos (NON coller o desvío a Vilarxestoso), Gotes e San Andrés, atopando alí a Capela.
Arriba
Axúdanos a mellorar!