IGREXA DE SANTA MARIÑA DE TABOADA

Relixioso
1332

Localización

Parroquia: Taboada (Santa Mariña)

Lugar: A Áspera

15609  Monfero - A Coruña

Coordenadas:
43º 24' 21.0" N - 8º 06' 14.0" W

Descrición

Sinxela igrexa de estilo barroco, de tipoloxía rural abundante na bisbarra. Planta rectangular cunha soa nave, pequena sancristía e presbiterio. No interior, sinxeleza, sobriedade e escasa iluminación. No exterior, muros de cachotería revestida e caleada, a excepción das pezas graníticas á vista dos esquinais e recercado dos vans. Cuberta de tella curva a dúas augas. Volumetría simple. A fachada principal está organizada nun só corpo e composta por porta rectangular, rematada con decoración de orelleiras, pequena fornela con imaxe relixiosa e oco circular para a iluminación con decoración similar á da porta. Sobre a cornixa, sobresae a espadaña de dous corpos, rematada por pináculos con bólas.

Acceso

Dende a capital municipal, tomar a estrada sinalizada a Pontedeume, a 6 km seguir a indicación á dereita Taboada, Pontedeume. A uns dous km. atópase un cruce que a esquerda indica “Castelo de Andrade”. Alí hai que coller á dereita, onde está a marquesiña e a uns 200 m. atópase a Igrexa.
Arriba
Axúdanos a mellorar!