CAPELA DE SAN RAMÓN

Relixioso
1350

Localización

Parroquia: San Xoán de Moeche (San Xoán)

Lugar: San Ramón

Estrada Cristo de Rañal 5

15563  Moeche - A Coruña

Coordenadas:
43º 33' 52.0" N - 8º 00' 52.9" W

Descrición

Pequena capela de estilo predominante barroco, con distintas remodelacións. Planta rectangular, con única nave, e presbiterio e sancristía adosados a ambos lados, dando a sensación exterior de planta de cruz grega. Consta dunha cuberta de lousa a dúas augas, mentras que no interior atopamos teitume de madeira e arcos de medio punto apoiados sobre pilastras. No exterior, muros revestidos e branquexados, exceptuando os esquinais. A fachada principal está organizada nun único corpo, con porta rectangular e un pequeno van que permite a iluminación, cunha torre campanario anexa á fachada, con balaustrada. No interior destaca o retablo barroco do altar maior, con columnas salomónicas decoradas con motivos vexetais, e a imaxe de San Ramón no oco central.

Acceso

Na mesma capital municipal, tomar a estrada da feira no seu cruce dende a AC-862 e seguir ata atopar a capela.
Arriba