IGREXA DE SAN XURXO

Relixioso
1036

Localización

Parroquia: San Xurxo de Moeche (San Xurxo)

Lugar: Vila

Camiño da Igrexa s/n

15563  Moeche - A Coruña

Coordenadas:
43º 32' 54.9" N - 7º 59' 34.9" W

Descrición

Igrexa en ámbito rural, de estilo predominantemente barroco. Planta rectangular, con sacristía e pequena capela engadidas ao muro setentrional. No interior, destaca a capela maior con bóveda de nervadura de estrela. No exterior, destaca a súa rica volumetría. Fachada principal dividida en tres planos por medio de dúas bandas rematadas en cornixa. Torre campanario de tres corpos, rotundos, pegada ao muro setentrional. Neste mesmo lado atópase anexa a capela de planta cadrada formada por porta flanqueada por pilastras e rematada en frontón triangular na súa fachada, na que ademais se inclúen os monogramas de Xesús e María, así como a heráldica da Casa de Rañal, mecenas da construción desta capela. As partes máis antigas da igrexa poden datar do século XI, aínda que a maior parte correspóndese coa reconstrución de finais do XVII.

Acceso

Dende a capital municipal, ir a estrada xeral (AC-862), e dende alí en dirección Ortigueira ata o cruce coa estrada CP-4904, por onde seguiremos a sinalización que nos levaría ó castelo de Moeche. Do mesmo xeito, seguindo as indicacións, colleremos o ramal da dereita no cruce do Concello Vello, por onde continuaremos ata chegar a Igrexa de San Xurxo.
Arriba
Axúdanos a mellorar!