IGREXA DE SANTO ESTEVO DE CULLEREDO

Relixioso
1614
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Culleredo (Santo Estevo)

Lugar: Tarrío

Rúa Santo Estevo 1

15189  Culleredo - A Coruña

Coordenadas:
43º 17' 19.0" N - 8º 23' 02.9" W

Descrición

Construída a mediados do s.XII, conserva integramente a obra medieval. Ten planta dunha soa nave da que sobresae unha ábsida rectangular. A fachada principal está flanqueada por dous contrafortes que enmarcan unha portada con catro columnas encostadas que se prolongan en arquivoltas lixeiramente decoradas. O tímpano decorase con cruces entrelazadas. Por riba del un óculo e espadana. Destacan os canzorros dos muros laterais. Na ábsida atopamos unha fiestra con pequenas columnas encostadas, arco e arquivoltas que se adornan con motivos xeométricos. A cuberta da ábsida é de bóveda de canón apuntada sustentada sobre uns muros reforzados por columnas encostadas e contrafortes. Os capiteis adórnanse con motivos vexetais e xacobeos. Os retablos interiores datan do s. XVIII.

Acceso

Atópase a uns 600 mts da Casa do Concello seguindo a rúa do Concello e a rúa María Román, DP 1705, ata alcanzar a esquerda a rúa de Santo Estevo.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!