CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA MÚSICA DE RAÍZ

Museos e coleccións
19

Localización

Parroquia: A Seara (Santa María Madanela)

Lugar: A Seara

27328  Quiroga - Lugo

Coordenadas:
42º 34' 26.6" N - 7º 05' 38.4" W
622 832 227
667 380 576

Descrición

O Centro de Interpretación da Música de Raíz atópase na aldea da Seara, Concello de Quiroga, nunha contorna natural de grande beleza paisaxística en pleno Xeoparque Mundial Montañas do Courel. A Seara é unha das aldeas máis representativas da serra do Courel. Aldea de orixe medieval, conta cun patrimonio arquitectónico que mostra as principais características da arquitectura de montaña, constituíndo un magnifico conxunto de interese etnográfico.

O centro de interpretación é un espazo dedicado á preservación e difusión da música tradicional galega, os seus instrumentos e saberes asociados. Define a música como parte da identidade e memoria colectiva, e ofrece unha experiencia para escoitar, tocar e sentir os sons que acompañaron á vida das comunidades galegas ao longo do tempo.
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Arriba