IGREXA PARROQUIAL DO ÉZARO

Relixioso
1215
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Ézaro (Santa Uxía)

Lugar: O Ézaro

15297  Dumbría - A Coruña

Coordenadas:
42º 54' 38.0" N - 9º 07' 49.9" W

Descrición

Igrexa inaugurada en 1963 polo cardeal arcebispo de Santiago, o doutor Quiroga Palacios, e o párroco Xosé Tajes Olveira. De estilo contemporáneo, ten planta rectangular, de recente construción e, polo tanto, de características modernas. No seu interior acolle unha escultura que representa a san Sadurniño, fermosa obra do século XVIII que reflicte o culto popular ao santo nesta zona. Outra imaxe que cómpre  destacar no interior da igrexa é a Virxe do Carme, realizada no obradoiro compostelán dos irmáns Rivas e que se pode datar na metade do século XX; condensa a devoción popular das vilas mariñeiras desta zona da Costa da Morte.

Acceso

Dende a capital municipal, saír cara o NO pola DP-3404 ata o cruzamento que enlaza coa AC-552. Neste cruzamento, virar á esquerda cara a Cee. Unha vez nesta vila, xirar de novo á esquerda cara a Muros pola AC-550. Xa no Ézaro, a igrexa atópase á dereita da estrada principal, a carón do paseo marítimo.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba
Axúdanos a mellorar!