IGREXA PARROQUIAL DE SAN PEDRO DE BUXANTES

Relixioso
1270
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Buxantes (San Pedro)

Lugar: A Grixa

15151  Dumbría - A Coruña

Coordenadas:
42º 58' 26.0" N - 9º 07' 04.9" W

Descrición

Construída entre os séculos XVII e XVIII, é de estilo barroco. Ten unha planta de cruz latina con dúas capelas; a do Rosario é de estilo renacentista e a da Asunción de estilo barroco. A capela maior está cuberta por unha bóveda de canón de cantería e está reforzada no centro cun arco faixón. Desta igrexa destaca a fermosa torre do campanario, obra do autor da Torre do Reloxo da catedral de Santiago de Compostela, o arquitecto ceense Domingo Antonio de Andrade. Esta torre ten unha altura de 21,8 metros e 35 escalinatas.

Acceso

Dende a capital municipal saír pola DP-3404 cara á Serra de Outes, máis adiante virar á dereita pola DP-2302 dirección Brens. Continuar recto ata un cruzamento á man esquerda que sinala a igrexa de San Pedro de Buxantes, xirar neste punto á esquerda e continuar un pouco máis ata chegar á igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba
Axúdanos a mellorar!