IGREXA DE SAN XULIÁN DE CARANTOÑA

Relixioso
898
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Carantoña (San Xulián)

Lugar: O Chao de Carantoña

15639  Miño - A Coruña

Coordenadas:
43º 22' 01.6" N - 8º 10' 03.6" W

Descrición

Igrexa de estilo barroco de tipoloxía rural, situada no municipio de Miño ("Municipio de Interese Turístico"). Presenta planta rectangular onde se inscriben tres tramos correspondentes á nave, presbiterio e sancristía. No interior o espazo intermedio entre a nave e o presbiterio está delimitado por un arco de ingreso de medio punto. Destaca a pila bautismal pétrea de características arcaicas. No exterior a decoración concéntrase na fachada principal onde nun eixe vertical central se superpoñen a porta de acceso, un pequeno van rectangular e, rompendo a cornixa, unha espadaña de dobre corpo, no primeiro aparecen tres machóns que dan paso aos ocos das campás, mentres que o segundo está formado por un corpo central flanqueado por pináculos.

Acceso

Dende Miño, tomar a N-VI en dirección Ferrol ata Leiro, pouco despois xirar á dereita cara a Coldo, continuar ata Carantoña, onde se atopa a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba