IGREXA DE SAN ESTEVO DE PERLÍO

Relixioso
1060
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Perlío (Santo Estevo)

Lugar: Perlío

Rúa do Castro

15500  Fene - A Coruña

Coordenadas:
43º 28' 30.0" N - 8º 10' 15.9" W

Descrición

A fachada principal concentra toda a ornamentación, con frontón partido enriba da porta e dúas pilastras con relevos lonxitudinais rematados en pináculos. Remata nunha espadana dividida en dous corpos, o primeiro formado por tres machóns que dan lugar aos ocos onde se aloxan as campás; o segundo corpo, meramente ornamental, volve ser un frontón partido coroado por unha cruz e con dous pináculos rematados en bóla nos vértices. No interior presenta un retablo barroco popular recentemente restaurado. San Bieito preside o conxunto, que posiblemente se colocou na igrexa entre 1740 e 1781.

Acceso

Dende Fene, por a N-VI en dirección Ferrol, a uns 500 m á man esquerda está a igrexa nun alto.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba