IGREXA DIVINO SALVADOR DE FENE

Relixioso
613
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Fene (San Salvador)

Lugar: Vista Alegre

Praza da Constitución

15500  Fene - A Coruña

Coordenadas:
43º 28' 31.9" N - 8º 09' 59.9" W

Descrición

Igrexa de estilo barroco, que comezou a construirse en 1719. Sobre a súa planta irregular desenvólvense tres naves, a central con cabeceira abovedada e coro alto aos pés. Na fachada, de granito á vista, sobresae enriba da porta de entrada un frontón partido. Destaca a torre do campanario, con planta cadrada, tres corpos superpostos e cuberta en forma de cúpula. Na cuberta xeral da igrexa, a distintas augas, áchase unha cruz coas imaxes de Cristo por un lado e a Virxe do Carmen co Neno por outro.

Construíu a torre e a fachada o crego Roque Arousa Mariño en 1719. O corpo da igrexa modificouse no século XX, cando tamén se lle engadiu un corpo á torre.

Acceso

Núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!