IGREXA DA NOSA SEÑORA DAS NEVES DE GRIXOA

Relixioso
1269

Localización

Parroquia: Grixoa (Santa María das Neves)

Lugar: O Campo da Cruz

32515  San Amaro - Ourense

Coordenadas:
42º 23' 42.9" N - 8º 04' 07.9" W

Descrición

Igrexa barroca do s.XVIII na que a Virxe das Neves, acompañada co Neno, aparece representada sobre a portada principal, a xeito de fornela. Igrexa sinxela, do barroco popular galego e dunha soa nave. Destaca no seu interior a figura de San Brais, posiblemente de época anterior, e o retablo maior barroco con diversas esculturas entre as que destaca San Gregorio, San Francisco e Santa Teresa. Pegado á igrexa, e sobre un alto zócolo, sitúase un monumental peto de ánimas. O peto foi realizado no ano 1885.
Arriba