FONTE DA SANTA. SANTUARIO NOSA SEÑORA DOS MILAGRES

Etnográfico
737
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Vide (San Xoán)

Lugar: Os Milagres do Medo

32701  Baños de Molgas - Ourense

Coordenadas:
42º 13' 56.0" N - 7º 37' 40.9" W

Descrición

Preciosa fonte coroada por un baldaquino esferoidal que contén no seu interior unha figura de pedra da Virxe dos Milagres co Neno Xesús nos brazos. Na parte dianteira e cara a abaixo, unha fonte emana auga pola cabeza dun porco mentres que un carneiro bebe destas augas milagreiras. A construción está coroada por catro pináculos e un no centro que remata en catro dedos dirixidos cara ao ceo. É tradicional que os fieis acudan á fonte-esmoleiro a depositar ramos de flores, recoller auga para bendicir ou a botar moedas. Situada na parte traseira do Santuario (orientación Leste), está ao lado dun miradoiro cara a fermosa Serra de Chandrexa de Queixa. A fonte, é un elemento de conexión cos ritos pre-cristiáns, que se pensa que eran realizados no Monte Medo, xa na época castrexa.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!