CAPELA DE SAN COSME

Relixioso
378

Localización

Parroquia: Mántaras (Santa María)

Lugar: A Casagrande

15313  Irixoa - A Coruña

Coordenadas:
43º 17' 21.9" N - 8º 05' 56.0" W

Descrición

Pequena capela gótica, dos séculos XIII-XIV. Planta rectangular, estréitase na ábsida, con única nave e presbiterio. No interior, espazo delimitado entre a ábsida e a nave por arco triunfal, lixeiramente apuntado, apoiado sobre semicolumnas pegadas e estrutura aérea con armazón de madeira que reduce a altura da nave e presenta o presbiterio máis elevado. Coro alto con estrutura de madeira. No exterior, muros de cantería de granito irregular. Cuberta de tella a dúas augas. Volumetría sinxela. A fachada principal, concentra a decoración exterior. Posúe, portada de arquivoltas, decoradas e lixeiramente apuntadas, apoiadas sobre columnillas nas xambas e capiteis con decoración vexetal e animal. No centro do tímpano, áchanse as figuras de San Cosme e San Miguel, así como un porco, relacionado con Santo Antonio, que simboliza a luxuria e a tentación. A seteira sobre a porta permite a iluminación tenue do coro. Sobresaen tres cruzamentos cumbreras con aparencia zoomorfa e o Agnus Dei. Decoran o vértice do tellado corenta e seis "canzorros", con motivos xeométricos e rostros figurativos. Conserva a herdanza románica nos elementos ornamentais (capiteis, tímpano da portada, "canzorros) e na característica escuridade interior.
Arriba