IGREXA DE SAN LOURENZO DE IRIXOA

Relixioso
1101

Localización

Parroquia: Irixoa (San Lourenzo)

Lugar: Catro Camiños

15313  Irixoa - A Coruña

Coordenadas:
43º 17' 08.9" N - 8º 03' 30.9" W

Descrición

Igrexa de estilo predominantemente barroco, aínda que produto de diversas modificacións que enmascaran unha primeira base estrutural románica. Planta rectangular, con única nave, presbiterio e sancristía con corpo cuadrangular. No interior, espazo delimitado entre nave e presbiterio por arco triunfal. Pavimento de pedra. Coro alto, realizado en madeira, con acceso interior. No exterior, muros de cachotería exceptuando os esquinais con pezas irregulares de granito. Cuberta de tella curva a dúas augas, agás a sancristía a tres augas. Sinxela fachada principal organizada en único corpo, con porta rectangular e espadaña simple.
Arriba
Axúdanos a mellorar!