IGREXA DE SAN SALVADOR DE CORUXOU

Relixioso
225

Localización

Parroquia: Coruxou (San Salvador)

Lugar: A Eirixa

15313  Irixoa - A Coruña

Coordenadas:
43º 15' 27.0" N - 8º 06' 05.0" W

Descrición

Igrexa de estilo barroco, de tipoloxía rural. Planta rectangular, con única nave, presbiterio cuadrangular, sancristía e pequeno soportal. No interior, espazo delimitado entre a nave e o presbiterio por arco de ingreso semicircular, apoiado sobre pilastras. Pavimento de pedra e muros revestidos e pintados de branco, agás o recercado dos vans das ventás, con pezas á vista que contrastan co resto dos panos. Coro alto con estrutura de madeira. No exterior, muros de cantería revestida, agás a fachada principal con cantería á vista. Cuberta de tella a dúas augas, con armazón de madeira. A fachada principal, organizada nun só corpo, con porta rectangular e pequeno oco para a iluminación natural. Sobresae da cornixa unha espadaña dobre rematada con pináculos culminados por bólas. Entre a ornamentación interior destaca o retablo do altar maior, coa escultura de San Salvador, patrón da igrexa, no oco central.
Arriba