IGREXA DE SANTA MARÍA DE VERÍS

Relixioso
1185

Localización

Parroquia: Verís (Santa María)

Lugar: A Igrexa

15313  Irixoa - A Coruña

Coordenadas:
43º 15' 51.0" N - 8º 03' 18.0" W

Descrición

Igrexa de estilo barroco, de tipoloxía rural moi difundida pola bisbarra. Planta rectangular, con única nave e corpo cuadrangular anexo ao presbiterio. No interior, sinxeleza e sobriedade. Pavimento de pedra. No exterior, muros de cantería de granito. Cuberta de lousa a dúas augas. A fachada principal conta con porta rectangular alintelada, pequena fornela con imaxe mariana, oco rectangular para a iluminación natural do templo e, sobre a cornixa, espadaña simple. A curiosa sensación visual de verticalidade, propiciada pola superposición de elementos, é atenuada polas dúas liñas de impostas que percorren a fachada e divídena en tres corpos.
Arriba
Axúdanos a mellorar!