CASA EN PAZO DE IRIXOA

Civil
759

Localización

Parroquia: Irixoa (San Lourenzo)

Lugar: O Pazo de Irixoa

15313  Irixoa - A Coruña

Coordenadas:
43º 17' 04.1" N - 8º 03' 47.4" W

Descrición

Edificio singular composto por unha casa unifamiliar de arquitectura popular e un curioso alpendre anexo. Planta en forma de "L", aínda que trazada de modo irregular, evidencia de distintas etapas construtivas. Os muros son de cachotaría a excepción das pezas de cantería dos ángulos do edificio e recercado das ventás. Os panos alternan pedra á vista e recebado. Cuberta de lousa a dous e tres augas, con reforzo de tella curva. Paralela á fachada principal, destaca a escaleira dun tramo, con pasamáns de ladrillo. O volume anexo utilízase de alpendre para gardar leña e apeiros de labranza. Interesante exemplo da arquitectura popular.
Arriba
Axúdanos a mellorar!