CASAS DE AIRAVELLA

Civil
708

Localización

Parroquia: Irixoa (San Lourenzo)

Lugar: A Airavella

15313  Irixoa - A Coruña

Coordenadas:
43º 17' 09.9" N - 8º 03' 33.9" W

Descrición

Conxunto composto por dúas casas unifamiliares de arquitectura popular máis os seus anexos (hórreo, alpendre, "celeiro"...). O volume principal consta de planta en forma de "L", cun brazo máis curto que outro, adaptándose ao terreo e dúas alturas, con acceso a través de soportal cuberto con laxas de lousa, flanqueadas por dous corpos de pedra. Os muros son de cachotaría a excepción das pezas de cantería dos esquinais e recercado das ventás. A cuberta de lousa a dúas augas. Paralela á fachada principal, destaca a escaleira dun tramo, con pasamáns de ladrillo. Inmerso nunha fermosa paraxe natural, rodeada de campos de cultivo. Interesante para coñecer a arquitectura popular.
Arriba
Axúdanos a mellorar!