IGREXA PARROQUIAL DE SANTA COMBA DA XESTEDA

Relixioso
553

Localización

Parroquia: Xesteda (Santa Comba)

Lugar: O Campo Xesteda

15186  Cerceda - A Coruña

Coordenadas:
43º 07' 28.9" N - 8º 30' 32.0" W

Descrición

Ten unha nave de planta lonxitudinal. Cuberta a dúas augas con tella do país. A fachada, de forma pentagonal, ten unha porta alintelada con doelas, unha fornela cunha escultura da Patroa e un óculo. Espadana composta de dous arcos de medio punto e un frontón partido semicircular coroado por un pináculo rematado por unha cruz. Acceso ao campanario exterior no tramo final.

Acceso

Dende a capital municipal, tómase a LC-401 en dirección a Silva. A trescentos m xírase á esquerda cara a Queixas. Pásase esta parroquia e avánzase ata chegar á estrada A Silva-Ordes. Tómase esta cara a A Silva. A dous km tórcese á dereita chegando á igrexa.
Arriba
Axúdanos a mellorar!