CASA TORRE DE ESCUREDO

Civil
1584
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Grove (San Martiño)

Lugar: O Grove

Rúa Luis Antonio Mestre 10

36980  O Grove - Pontevedra

Coordenadas:
42º 29' 35.3" N - 8º 51' 56.2" W

Descrición

Casa de estilo modernista de 1922. Con planta en forma de "L" con dous pisos e bufardas sobresaíndo sobre o nivel da cornixa, remantando nunha lanterna acristalada, de forma cadrada e sobreelevada na súa parte central, con cuberta a catro augas. Na fachada alternan balcóns, galerías e balconadas. Na finca, con xardíns hai tamén un pombal circular. Pertence a unha familia de antigos conserveiros.
Atópase rodeada por un elevado muro de pedra, tras o cal se divisa o xardín e a torre da casa, que é a súa principal característica e que lle da o nome. A casa é de planta cadrada cun pegado rectangular, de dous pisos, a torre, tamén cadrada, formato bufarda, atópase orientada cara aos puntos cardinais.
Propiedade privada non visitable. Sen perxuizo do cumprimento de apertura e visita atendendo a súa declaración legal, actual ou futura.

Acceso

No mesmo centro de O Grove.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba