Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
Casa de estilo modernista de 1922. Con planta en forma de "L" con dous pisos e bufardas sobresaíndo sobre o nivel da cornixa, remantando nunha lanterna acristalada, de forma cadrada e sobreelevada na súa parte central, con cuberta a catro augas. Na fachada alternan balcóns, galerías e balconadas. Na finca, con xardíns hai tamén un pombal circular. Pertence a unha familia de antigos conserveiros.
Atópase rodeada por un elevado muro de pedra, tras o cal se divisa o xardín e a torre da casa, que é a súa principal característica e que lle da o nome. A casa é de planta cadrada cun pegado rectangular, de dous pisos, a torre, tamén cadrada, formato bufarda, atópase orientada cara aos puntos cardinais.
Propiedade privada non visitable. Sen perxuizo do cumprimento de apertura e
visita atendendo a súa declaración legal, actual ou futura.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración