IGREXA PARROQUIAL DE SAN MAMEDE DE SABAXÁNS

Relixioso
1026

Localización

Parroquia: Sabaxáns (San Mamede)

Lugar: A Igrexa

36878  Mondariz - Pontevedra

Coordenadas:
42º 15' 42.9" N - 8º 25' 08.9" W

Descrición

Igrexa parroquial reconstruída practicamente na súa totalidade no século XVIII. De época medieval conserva algúns vestixios no seu presbiterio, podendo tratarse de restos dunha anterior igrexa románica datada a finais do século XII ou principios do XIII. En efecto, o arco triunfal, de directriz apuntada, preséntase dobrado cara ao lado da nave por medio dun groso baquetón. A clave decórase cun florón colgante. O arco repousa en dúas grosas columnas. Os capiteis presentan motivos decorativos a base de grandes volutas e grandes follas con botón central. As basas son de perfil ático, touro e escocia sobre plinto, con poutas nas súas esquinas a do lado sur.
Arriba
Axúdanos a mellorar!