HOTEL FONTEVERDE

Hoteis - 2 estrelas
1186

Localización

Rúa Bernardo Sagasta 15

36670  Cuntis - Pontevedra

Coordenadas:
42º 37' 59.0" N - 8º 33' 56.3" W
+34 986 548 488

Descrición

Estamos encantados de presentarlles o  noso personl establecemento, Hotel Rústico Fonteverde, situado no casco histórico da vila termal de Cuntis, onde manan fontes de augas termais dende a antigüidade. Ocupa unha casa que foi unha antiga pousada construída na década de 1880 e cuxa rehabilitación realizouse en 2007.
O seu mobiliario é tradicional e á vez funcional creando un ambiente cómodo, cálido e moi acolledor. A sobriedade da pedra e a calidez dos mobles antigos combínanse harmoniosamente en todas as súas amplas habitaciónes, e espazos comúns como o salón ou a biblioteca.
Acasa conta con oito cuartos: seis cuartos dobres e dous cuartos individuais, un deles acondicionado para persoas con mobilidades reducida.
Todos os cuartos dispoñen de baño completo, televisor, teléfono. Ademáis, case todos se complementan cun espazo de galería ou de terraza privada.
No noso establecemento ofrecemos un almorzo completo opcional no noso salón de almorzos con agradables vistas ao patio e xardín.
OUTROS SERVICIOS
Servicio WIFI gratuíto en todas as estancias da casa .
Así mesmo teñen ao seu dispor o ceador do xardín á beira do río para merendar, ou pasar un bo momento parolando, lendo ou disfrutando da proximidade do río Gallo. Igualmente, un bono que se lles facilita aos nosos hóspedes, permitiralles contar cun pequeno desconto sobre as tarifas do Balneario da vila.
O  Hotel Rústico Fonteverde en Cuntis ofrece relax e tranquilidade. É un bonito lugar, entre a tierra e o mar, moi ben situado pola súa proximidade a Santiago de Compostela, Pontevedra e Rías Baixas.

Tipos de servizos

Admite tarxetas de crédito
Biblioteca
Calefacción central
Fálase francés
Internet / wifi en zonas comúns
Internet nos cuartos / wifi
Salón de estar
Teléfono nos cuartos
Televisión nos cuartos
Xardín terraza

Réximes

Almorzo

Tarxetas

4B
Master Card
Red 6000
ServiRed
Visa
Arriba
Axúdanos a mellorar!