CASA DE ARAUJO

Civil
742
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Real 33

36202  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 18.9" N - 8º 43' 41.9" W

Descrición

Casa construída no século XVIII con dúas fachadas feitas con cadeirado, apicoada a que dá á rúa Alta e cicelada a que dá á rúa Real. Os seus esquinais enmárcanse entre pilastras que percorren as tres plantas. Obsérvanse detalles barrocos, coma os valados en cóbado na parte superior dos vans e adornos en forma de gotas no peitoril das ventás laterais. Ten un pequeno balcón central no primeiro piso e un percorrido no segundo. Enriba da cornixa sobresaen dúas bufardas a modo de torres con cornixa e gárgolas.

O edificio é, na actualidade, parte da sede do Rexistro da Propiedade de Vigo.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!