CASA DE MANUEL BLANCO GARCÍA

Civil
838
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Areal 8, 10, 12, 14

36201  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 20.9" N - 8º 43' 11.9" W

Descrición

Edificio proxectado en 1879 por Alejandro Rodríguez Sesmero. Trátase dun edificio con sete casas cuxa fachada está tratada como única edificación. A planta baixa está feita como un gran baseamento con almofadado corrido do que parten seis pilastras acanaladas con capiteis corintios. Estas pilastras percorren as dúas plantas altas e sosteñen o friso, a cornixa e a balaustrada con clásicos vasos sobre pedestais. O centro do edificio está coroado cun peitoril e óculos e máis arriba cun ático no que hai unha gran palmeta de granito labrado e da que colgan dúas simétricas grilandas. A fachada rompe a uniformidade con catro miradoiros, de ferro forxado e cristal, situados entre as pilastras. Todo o edificio destaca pola profusa decoración dos linteis das ventás con volutas que lle dan aspecto de estilo rococó.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!