mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: GERÊS - XURÉS&body=Recoméndoche que leas a información GERÊS - XURÉS extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/265347351/geres-xures?langId=gl_ES%26ctre=10%26tp=1
Horizontes de granito
Onde a fronteira abraza os mapas de Galicia e
Portugal, as serras recortan o horizonte celeste
coas cores do granito. Ao redor deste núcleo
rochoso, que agroma en cumes con erosión de
séculos, botou raíces un bosque inmenso. Atlántico
pola humidade, mediterráneo por temperatura,
semialpino por altitude. É esta unha das reservas
transfronteirizas meirandes da Unión Europea.
Destaca, segundo o seu recente recoñecemento
como Reserva da Biosfera pola UNESCO “pola
variedade dos seus ecosistemas de bosque e
turbeira, así como polo considerable número de
especies endémicas baixo a influencia conxunta do
clima oceánico e mediterráneo”.
As matas da Albergaría, do Cabril, do Beredo e
Ramiscal son espazos de acceso restrinxido
dentro do Parque Nacional luso e que figuran
como un dos mellores bosques peninsulares; ao
igual que a fraga da Barxa, na zona de reserva
do Parque Natural galego.
Acceso
Desde Ourense, dirección Celanova e Portugal,
pola OU-540. Desde Xinzo de Limia pola
estrada comarcal OU-301 ata Bande. Por
Portugal, múltiples accesos por estrada.
Dentro do Parque Nacional portugués existen
rutas con restricións ao acceso con vehículos.
Situación
Os municipios incluídos na Reserva da Biosfera
ascenden a un total de 11. Seis en Galicia:
Lobios, Entrimo, Muíños, Lobeira, Calvos de
Randín e Bande. Cinco en Portugal: Melgaço,
Arcos de Valdevez, Ponte da Barca, Terra de
Bouro e Montalegre.
Superficie
259.496 hectáreas (62.916 ha en Galicia e
205.580 ha en Portugal).
Servizos
Aloxamento: Si.
Comer: Si.
Sen pérdida
Non será difícil atoparmos topónimos de case
todas as orixes e pobos que ocuparon estas
terras, así como os vestixios monumentais e
artísticos que nos deixaron. A cultura dos pobos
prerromanos representada nos impresionantes
dolmens espallados por toda a zona.
Monumentos latinos de primeira orde como o
acampamento romano de Aquis Querquernis,
visible e visitable cando as augas do encoro das
Conchas baixan o seu nivel. Pero todo o ano
conta cunhas instalacións que serven de
excelente exemplo explicativo do proceso da
romanización polas armas e a palabras deste
extremo do imperio romano. Preto dela tamén
se encontra a igrexa de Santa Comba de Bande,
exemplo senlleiro do estilo arquitectónico
visigodo. Para mostras da arquitectura barroca,
o concello de Entrimo ofrece a magnífica
fachada da igrexa de Santa María a Real. En
calquera recuncho, as construcións populares
como os muíños, alvarizas, “chivanas” (refuxios
de pastores no monte), “canastros” no galego
da zona e “espigueiros” en portugués (hórreos),
fontes, cruceiros, camiños, valados… amósannos
no seu corpo de pedra a fonda e rica
creatividade popular.
Na vertente portuguesa, o punto de
peregrinación popular máis importante sitúase
no santuario da Peneda e a súa soada fervenza
en época de chuvias, no concello de Melgaço.
Os itinerarios de acceso posibles sitúanse desde
a vertente doMiño ou atravesando a raia desde
Entrimo, tamén polo interesante punto do
Castro Laboreiro.
Información e equipamentos
Sede del Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Teléfono:+34 988 448 048
Centro de Interpretación del Parque Natural
Teléfono:+34 988 448 048
Teléfono 2:+34 988 448 181}
Enderezo:Lobios
Centro de Interpretación Arqueológica Aquae Querquennae - Via Nova