EDIFICIO BANCA VIÑAS-ARANDA

Civil
1206
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Reconquista 9-11

36201  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 18.0" N - 8º 43' 23.9" W

Descrición

Edificio proxectado en 1941 por Antonio Palacios Ramilo. Neste, o arquitecto mantén o sistema compositivo das súas obras comerciais realizadas anteriormente en Madrid. Destaca polo seu estilo clasicista próximo á escola de Chicago de fins do XIX. O edificio ten un gran corpo basamental con pilastras e arcos almofadados sobre unha superficie ruda. Sobre esta superficie apóianse xigantescas columnas forradas de gres que abarcan catro plantas. A última planta está coroada por un entaboamento con tríglifos no friso e ventás con métopas. O chafrán ten un grande e alto van, sobre cuxo marco se levantan dúas pilastras lisas e sobre a cornixa hai un corpo torreado de tres plantas que realza aínda máis a monumentalidade do edificio.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!