EDIFICIO DA ESCOLA DE ARTES E OFICIOS DE VIGO

Civil
918
No Camiño de Santiago

Localización

Avenida García Barbón 5

36201  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 15.0" N - 8º 43' 10.9" W

Descrición

Edificio proxectado en 1897 por Pacewicz, realizado polo mestre de obras Dimas Vallcorba e promovido polo filántropo José García Barbón. É unha edificación ecléctico-historicista con elementos goticistas e románicos. Ten dous volumes separados por un patio, proporcionándolle así dúas fachadas. A fachada de García Barbón presenta un eixe de simetría central con dous corpos laterais algo sobresaíntes, unhas impostas e cornixas que proporcionan un marcado efecto de horizontalidade. Ten dous balcóns colocados simetricamente e unha gran ménsula e balaustrada ornamentados con motivos ecléctico-góticos-románicos. Combina superficies planas e lisas, con vans sinxelos e dobres partidos por unha columna e ornamentados con sobrelinteis. Todo iso dálle un aspecto de gran monumentalidade.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!