HOSPITAL REAL

Civil
1905
No Camiño de Santiago

Localización

Praza do Obradoiro 1

15705  Santiago de Compostela - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 51.9" N - 8º 32' 44.9" W

Descrición

Desde 1954 alberga o Parador Nacional de Turismo "Hostal dos Reis Católicos". Os Reis Católicos ordenan en 1501 a construción deste hospital de peregrinos, obra de Enrique Egas. O proxecto compoñíase dunha capela oxival de cruz latina coa bóveda apoiada sobre pilastras decoradas cos apóstolos ao estilo flamíxero, e a cuxos lados se abrían dous patios bordeados polas dependencias para homes e mulleres. Ambos son substituídos polos patios renacentistas de Rodrigo Gil de Hontañón. O espazo da cabeceira ocúpase no s. XVIII con dous novos patios, configurando a actual planta de cruz grega con catro patios. A fachada plateresca (1519, mestres franceses Guillén Colás e Martín Bas) concíbese como un retablo pétreo cunha mensaxe iconolóxica que se explica en función da súa finalidade sanitaria e de hospedaría para peregrinos. En 1678, Frei Tomás Alonso reforma a fachada renacentista introducindo unha gran balconada apoiada sobre grandes ménsulas profusamente decoradas e tres novas ventás.
A capela foi declarada Monumento Histórico-Artístico en 1912 e o conxunto do edificio en 1931.

Acceso

Núcleo urbano. Centro histórico.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño de Inverno
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Camiño Primitivo
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Vía da Prata

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba
Axúdanos a mellorar!