PAZO DE XELMÍREZ

Civil
2541
No Camiño de Santiago

Localización

Praza do Obradoiro s/n

15704  Santiago de Compostela - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 51.9" N - 8º 32' 42.9" W

Descrición

É o máis representativo exemplo de arquitectura románica civil que hai en España. Foi edificado a principios do seu pontificado, no S. XII, sobre outro anterior preexistente. O primitivo era unha especie de fortaleza protexida por unha elevada torre. Foi destruído coa revolta comunal que se produciu en Compostela no ano 1117, data na que Xelmírez asumiu a reedificación, moito máis ampla e de maior luxo: é o actual edificio acaroado á parte norte da catedral. Consta de dúas plantas e unha galería na parte máis alta. Éntrase a través dunha porta que dá á Praza do Obradoiro. Do conxunto, o máis sobresaínte é o "salón sinodal" ou refectorio, realizado no S. XIII. É un espazo rectangular cuberto con bóveda de crucería, cuxos nervios descansan en espléndidas ménsulas que despregan fermosas composicións iconográficas que fan referencia á vida cotiá da Compostela da época.

Acceso

Na mesma cidade de Santiago de Compostela.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño de Inverno
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Camiño Primitivo
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Vía da Prata

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba
Axúdanos a mellorar!