EDIFICIO GONZÁLEZ BUYO

Civil
206
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Coruña 5

15402  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 28' 57.9" N - 8º 14' 06.0" W

Descrición

Edificio de estilo ecléctico do século XX (1901), pertencente ao conxunto histórico-artístico do Barrio da Magdalena. A fachada que dá á rúa Magdalena ten dúas alturas. Na planta baixa os vans posúen un remate curvilíneo, a porta de acceso aparece en xambaxe e o seu sobrelintel é de maior altura. Na planta nobre os vans aparecen precedidos por un balcón corrido continuo, que só se rompe para deixar paso ao miradoiro. A fachada dá á rúa San Eugenio e é tamén simétrica respecto a dous ocos centrais, no da primeira planta tamén con miradoiro. Os vans da planta nobre preséntanse individualizados e destacan pola súa altura. Os muros están revestidos de vermello, exceptuando os ocos e esquinais, de color branca.

Acceso

Núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba