CASA DE EL CORREO GALLEGO

Civil
308
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Magdalena 186

15402  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 28' 56.0" N - 8º 14' 11.0" W

Descrición

Edificio modernista (1912) de Rodolfo Ucha Piñeiro, principal representante do movemento na cidade de Ferrol. Pertence ao conxunto histórico-artístico do barrio da Magdalena. Edificio de tres plantas (baixo, entreplanta e primeiro piso). Fachada de ocos de madeira simétricos e pilastras con capiteis de ferro. A porta do baixo e vans da entreplanta teñen enreixado. No primeiro andar hai unha balaustrada de ferro forxado, con decorativos motivos vexetais. Foi sede no seu día do diario "Correo Gallego".

Acceso

Núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba