CASA RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ

Civil
1127
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Ruvalcaba 55

15402  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 29' 11.0" N - 8º 14' 02.0" W

Descrición

Edificio modernista (1912) de Rodolfo Ucha Piñeiro, principal representante do movemento na cidade de Ferrol, onde deixou numerosas mostras da súa obra. Pertence ao conxunto histórico-artístico do barrio da Magdalena. Consta de dúas plantas repletas de elementos ornamentais (marcos de portas e ventás, balcóns de ferro forxado con filigranas...). No primeiro andar da rúa Rubalcaba destacan dúas galerías de madeira con vans de guillotina e un balcón con motivos florais. No primeiro andar da rúa Almendra sobresaen catro balcóns singulares.

Acceso

Núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!