VILA ALICIA

Civil
621
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Graña (Santa Rosa de Viterbo)

Lugar: A Graña

15590  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 28' 46.9" N - 8º 15' 41.0" W

Descrición

Casa de estilo rexionalista da primeira metade do século XX. Tipoloxía que mestura elementos do mundo rural co urbano. Planta rectangular. Posúe un corpo prismático de dúas alturas e dúas torres xemelgas situadas nos extremos, a modo de referencias do pasado (indicaban o poder do señor sobre as terras próximas). Vans rectangulares simétricos. Cuberta de tella curva, sostida a pequenos intervalos por ménsulas. A casa non ten ningún tipo de concesión ornamental pero posúe magníficas vistas sobre a ría de Ferrol.

Acceso

Desde Ferrol hai que bordear A Malata, despois de pasar unha gasolineira tomar no cruce a desviación cara á Graña.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!