IGREXA DE SAN XURXO DA MARIÑA

Relixioso
1294
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Xurxo da Mariña (San Xurxo)

Lugar: Vila da Eirexa

15592  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 30' 41.0" N - 8º 18' 11.9" W

Descrición

Igrexa barroca clasicista, aínda que construída no século XIX. No seu adro atópase o camposanto parroquial. Planta rectangular, con presbiterio e sancristía (o piso alto desta serve de vivenda do párroco). Fachada principal sen decoración, con esquinais, zócolo e cornixa remarcados. Nos muros a cachotería contrasta cos esquinais de cadeirado. Cuberta a catro e dúas augas segundo os corpos, que no exterior aparecen distinguidos volumetricamente. Sobresae o seu espadaña dobre.

Acceso

Dende Ferrol, pola estrada Covas-Esmelle, continuar ata chegar a un cruce con indicador de San Xurxo.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba