IGREXA DE SAN MARTIÑO DE COBAS

Relixioso
1098
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Covas (San Martiño)

Lugar: Ragón

15594  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 33' 35.0" N - 8º 16' 59.9" W

Descrición

Capela barroca de tipoloxía rural. Rodeada dun muro que delimita o espazo. Planta rectangular (en principio en cruz), inscribe nave e presbiterio. Nos anos setenta do século XX foron derruídas dúas capelas laterais. O exterior apenas conta con ornamentación. Muros de cachotería, agás nas esquinas onde están á vista magníficas pezas de cadeirado. Fachada con porta alintelada e rectangular. Rompendo a cornixa, unha espadaña dobre rematada nun frontón coroado e flanqueado por pináculos. Cubrición con tellas curvas (agora pranchas de fibrocemento). Foi a igrexa parroquial de Covas ata 1964.

Acceso

Dende Ferrol, pola estrada Covas-Esmelle, percorrer 8 km ata un desvío cara as praias e o cemiterio, onde esta a capela.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!