CAPELA DE SAN CARLOS

Relixioso
1091
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Ferrol

Rúa: Carlos III s/n

15403  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 28' 54.0" N - 8º 13' 33.9" W

Descrición

Igrexa situada nun dos barrios máis antigos da cidade (Esteiro). Fachada lateral bastante deteriorada, con vans de arcos de medio punto, pequenos contrafortes e dous óculos. Fachada principal coa porta de entrada con elementos decorativos planos (volutas). Óculo central en forma de cruz grega cos vértices semicirculares. Espadana simple, a parte superior con elementos curvos e quebrados no seu vértice por unha cruz. O frontón con predominio de formas curvas. A fachada está enmarcada por perpiaños rematados por dous pináculos de forma ovoide. Cuberta a dúas augas con ondulina e canalizacións externas de material inadecuado.

Acceso

Núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba