CAPELA DE SAN ANTONIO DA CABANA

Relixioso
1444
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Cabana (Santo Antonio)

Lugar: Santo Antonio

15590  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 29' 29.0" N - 8º 16' 07.9" W

Descrición

Capela de tipoloxía rural moi difundida na bisbarra, sen estilo definido (fins do século XIX). Dispón dun adro e un cruceiro. Cuberta a dúas augas. Fachadas laterais con perpiaños tanto nos vans como nas esquinas. Fachada sur con porta de acceso alintelada secundaria. Fachada principal toda con cadeirado regular. Porta principal alintelada, sobre a cal existe un van. Espadana dobre. Sancristía engadida á fachada norte. Ámbito cun río que leva a unha fonte ao longo dun pequeno paseo de recente construción.

Acceso

Dende Ferrol, bordeando A Malata, coller cara a A Graña e antes de chegar a unha base militar, vese outro indicativo a man dereita que leva á capela.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba