TEATRO JOFRE

Civil
3334
No Camiño de Santiago

Localización

Praza de Galicia

15402  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 28' 57.0" N - 8º 14' 02.9" W

Descrición

Inaugurado en 1892, é unha das máis importantes obras da arquitectura teatral da España do XIX. O seu interior, de espléndida acústica e fermosa decoración, é testemuña da importante actividade cultural da cidade. As vicisitudes atravesadas polo inconcluso teatro prolónganse ao século XX. En 1908 incorpora á súa programación proxeccións cinematográficas. Despois de ser vendido á empresa Fraga, encárgaselle ao arquitecto municipal Rodolfo Ucha unha reforma para dotalo dunha nova fronte e proporcionar ao edificio un impoñente aspecto de moderno palacio urbano. Leva unha tripla división horizontal: baseamento, corpo principal de dobre altura e cornixa. Ao longo do XX continúa sufrindo distintos proxectos e aínda hoxe espera a súa restauración.

Acceso

Núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!