PR-G 102 SENDEIRO DOS MUÍÑOS DE RIOMAIOR

Sendeirismo
3820
No Camiño de Santiago

Localización

Vilaboa - Pontevedra

Coordenadas:
42º 20' 14.3" N - 8º 40' 24.2" W
42º 19' 30.4" N - 8º 39' 22.1" W

Descrición

Este sendeiro atópase no límite entre as parroquias de Santa Cristina e Santo Adrán de Cobres.
Comezamos o noso camiño nos arredores da Casa da Cultura de Riomaior onde se sitúa o cartel identificador deste sendeiro.
O río Maior deixa nas súas marxes un total de 34 muíños, os máis deles rehabilitados, que antigamente servían para a moeda de cereais coma a avea, o centeo e sobre todo millo. Un pequeno carreiro pegado ao río acompáñanos dun muíño a outro; as zonas máis técnicas e complexas solucionáronse perfectamente con pasarelas, pontes e escaleiras de madeira.
A ruta finaliza no muíño coñecido como Muíño de Miguel Lois. Neste punto, e dada a pouca lonxitude do percorrido, recoméndase volver ao punto de saída, facendo o mesmo sendeiro en sentido inverso.

Acceso

Na N-554 desviarse pola PO-0101 ata chegar a Vilaboa. Coller unha pista asfaltada á man dereita que nos leva ata a Casa da Cultura de Riomaior.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa

Lonxitude

2,6 km (so ida).

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Muíño de Miguel Lois (Vilaboa) - UTM:29T X:527031 Y:4687495
Punto de partida: Casa Cultura de Riomaior (Vilaboa) - UTM:29T X:528456 Y:4686020

Percorrido

Casa da Cultura de Riomaior, molinos nº 1 al 33, Muíño de Miguel Lois.

Dificultade

Baixa

Duración

1 hora e 15 minutos.

Servizos

En Larache, Vilaboa ou Cobres.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Non apto

Acceso a cabalo

Non apto

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

185-IV Soutomaior y 223-II Redondela

Máis información

Concello de Vilaboa
Tel.: 986 708 215 / 986 708 252
info@vilaboa.org
www.vilaboa.org

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Arquitectura tradicional
Etnografía

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!