PR-G 107 SENDEIRO DE PEDRA MIRANDA

Sendeirismo
532
No Camiño de Santiago

Localización

Pontevedra

Soutomaior | Vilaboa

Coordenadas:
42º 21' 45.5" N - 8º 37' 28.8" W
42º 21' 05.5" N - 8º 37' 13.5" W

Descrición

Ao comezo desta ruta atopamos unha lagoa que se formou na antiga canteira da Lapa. Ascendemos bordeando esta antiga explotación e, tras pasar por un depósito de auga, seguindo un camiño rodeado de grandes piñeiros, chégase ao Alto da Lapa.
Continuamos a subir, deixando atrás a ermida de San Amaro en Cacheiro, ata alcanzar o punto máis alto do percorrido, facilmente identificable pola formación rochosa en forma de cova que caracteriza a coñecida como Pedra Miranda. O final do camiño regálanos un miradoiro natural onde se poden contemplar as enseadas de San Simón e de Rande.

Acceso

N-550 entre Pontevedra e Arcade, na altura do quilómetro 132 encontraremos un sinal que indica o acceso a esta ruta.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués

Lonxitude

2,45 km. (A ruta principal mide 2,3 km e a derivación de ida e volta 150 m).

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Final da estrada de Paredes a 300 m de Pedra Miranda - UTM:29T X:531031 Y:4690327
Punto de partida: Aparcadoiro previo á canteira da Lapa - UTM:29T X:531386 Y:4689092

Percorrido

Canteira da Lapa, Alto da Lapa, Ermida de San Amaro, Pedra Miranda.

Dificultade

Baixa

Duración

0,5 horas.

Servizos

En Cacheiro

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto totalmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

Nº 185-IV Soutomaior

Máis información

Concello de Vilaboa
Toural, s/n. 36141 Vilaboa
Tel.: 986 708 215 - 986 708 252 Fax: 986 708 387
e-mail: info@vilaboa.org / www.vilaboa.org

Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II-Comarca de Pontevedra
Rúa Santa Clara, 4 - 2º. 36002 Pontevedra
Tel.: 986 108 144 / Fax: 986 108 009
e-mail: adrproderpontevedra@mundo-r.com
www.adrproderpontevedra.org

Perfil altitudinal

Altura mínima sobre o nivel do mar: 32 m.
Altura máxima sobre o nivel do mar: 177 m.
Desnivel acumulado baixando: 33 m.
Desnivel acumulado subindo: 156 m.

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Tipificación

Interese paisaxístico

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba