mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 115 RUTA DO ADRO VELLO&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 115 RUTA DO ADRO VELLO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/277249648/pr-g-115-ruta-do-adro-vello?langId=gl_ES%26tp=6%26ctre=23
O Grove - Pontevedra
SALGADEIRAS (FÁBRICAS DE SALGA)
Os fenicios trouxéronnos a arte de salgar o peixe. Tras deles, os romanos promoveron este método de conservación co transporte de peixe e marisco ao resto do Imperio.
Dende finais do s. XVIII ata mediados do XIX as fábricas de salga marcaron a economía na ría de Arousa, pasando dun labor artesanal para o consumo doméstico a converterse nunha actividade industrial. Foron familias catalás as que iniciaron esta actividade económica en Galicia, situando as súas factorías en enseadas abrigadas con fácil acceso para as embarcacións de pesca.
Este proceso perdeu forza a finais do XIX, deixando o camiño aberto a unha industria moi próspera nestas terras: as conserveiras.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.