PR-G 121 RUTA DOS TRES RÍOS

Sendeirismo
4554

Localización

Touro - A Coruña

Coordenadas:
42º 49' 28.1" N - 8º 16' 20.5" W
42º 51' 55.7" N - 8º 17' 13.6" W

Descrición

Parte de Ponte Basebe, lugar onde se unen os concellos de Touro e Vila de Cruces, e percorre as ribeiras dos ríos Ulla, Beseño e Lañas. Un percorrido que apenas se separa das beiras destes ríos e que, nun continuo e leve ascenso, ha levarnos ata o final da ruta na Área recreativa de Ponte Santaia.
Pódense visitar algún dos muíños que outrora concentraban parte da actividade diaria dos veciños da zona. As augas do río Lañas alimentaron o Muíño da Carballa, restaurado na súa totalidade, e o de Santaia, entre outros.
Así mesmo, o sendeiro ofrece espazos naturais de gran beleza entre frondosos bosques, onde antigamente se apañaban leña e castañas. No tramo do Ulla pódese observar algún resto das antigas pesqueiras que se utilizaban para capturar os peixes do río.
A fervenza coñecida como Salto das Pombas é outro dos atractivos deste contorno. Situada no lugar coñecido como Montes de Fao, presenta unha caída de dez metros de altura.
As zonas máis técnicas do sendeiro resolvéronse con escaleiras e pasarelas de madeira que facilitan o paso e habilitan a ruta para calquera persoa que se anime a visitar este lugar.

Acceso

Na N-547 entre Santiago de Compostela e Arzúa, pódese acceder a Touro a través da AC-0605 ou a AC-240. No centro do lugar seguir as indicacións ata Basebe, onde habemos atopar a ponte e o panel de inicio da ruta.

Un plus

AS PESQUEIRAS

Son unas construcións situadas nas beiras dos ríos deseñadas especialmente para a captura do salmón, a lamprea, a anguía e a zamborca. As máis comúns consisten en muros de perpiaño aliñados paralela ou transversalmente ao río a onde as correntes empuxan os peixes a través duns canellóns estreitos entre os que se sitúa unha rede cónica, chamada «boteirón», que se coloca ao final destes.
As primeiras pesqueiras datan de antes do s. XII, e eran nasas construídas con varas de madeira ou estruturas moi sinxelas onde se recolocaban as pedras do río. No s. XV xa hai constancia de construcións máis elaboradas.
O progresivo abandono destas infraestruturas fluviais, ante a ausencia de rendibilidade na súa explotación, leváronas a piques da desaparición, quedando só algunhas construcións no seu estado case orixinal, como é o caso das pesqueiras do Concello de Arbo (Pontevedra).

Lonxitude

9 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Área recreativa da Ponte Santaia (Touro) - UTM:29T X:558358 Y:4746338
Punto de partida: Ponte Basebe (Touro) - UTM:29T X:559597 Y:4741802

Percorrido

Ponte Basebe, Fervenza do Salto das Pombas, Muíño da Carballa, Muíño de Santaia, Área Recreativa da Ponte Santaia.

Dificultade

Media - Baixa

Duración

3 horas e media.

Servizos

Fóra da ruta, en Fonte Díaz.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto parcialmente

Acceso a cabalo

Apto parcialmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

95-IV Touro y 121-II Carbia

Máis información

Concello de Touro
Tel.: 981 504 029
correo@concellodetouro.gal
www.touroturismo.com
www.concellodetouro.com

Federación Galega de Montañismo
Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407
sendeirismofgm@yahoo.es
www.fgmontanismo.com

Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese naturalista

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba