PR-G 123 SENDA PEONIL DA PONTE DO RAMO

Sendeirismo
603

Localización

Cuntis - Pontevedra

Coordenadas:
42º 36' 09.9" N - 8º 31' 41.9" W

Descrición

A primeira parte transcorre polas beiras do río Umia: en Ponte do Ramo. Aquí levábase a cabo, antigamente, a cerimonia do bautismo prenatal. Para este bautismo as mulleres preñadas agardaban á media noite o paso dalgún transeúnte que se había converter en padriño ou madriña do meniño que esperaban.
Camiñamos por un estreito sendeiro entre unha exuberante fraga ata chegar aos Muíños Grande e Pequeno da Puntalta, onde contemplaremos a forza do río cando pasa por este punto. Proseguimos o camiño ata alcanzar o restaurado Muíño de Portavezal, que conta cun afiador para os aveños da labranza.
A partir dos Muíños de Abaixo e de Arriba do Verdugo, o sendeiro afástase do río Umia e condúcenos ata o Alto de Portela, onde cumprirá estar atentos para non nos confundir cos sinais aínda existentes do antigo PR-G 20.
Baixamos por unha antiga vía romana que unía a localidade portuguesa de Arcos de Valdevez con Cuntis e, entre grandes carballos, chegamos á fonte de Conles. Dende esta pequena aldea, ascendemos ao monte do Rañadoiro, onde nos agarda o xacemento arqueolóxico dos petróglifos de Cequeril.
En Outeiro dos Campiños pódense observar estas representacións gráficas gravadas nas penas onde destaca a coñecida como A Laxe dos Homes, con figuras antropomorfas.
Deixamos atrás Cequeril, onde se pode visitar a súa igrexa, e a partir de aquí, coincidindo co sendeiro de longo percorrido GR-94, volvemos ao noso punto de partida en Ponte do Ramo.

Acceso

Dende a localidade de Cuntis collemos a estrada PO-8402 en dirección a Cequeril, e despois de 6,5 km aproximadamente chegaremos a Ponte do Ramo, onde nos encontraremos co panel de inicio da ruta.

En caso de fortes chuvias, informarse sobre o caudal do río antes de emprender a ruta por posibles inundacións nalgunhas partes do percorrido.

Lonxitude

6,51 kilómetros
6,51 km.

Punto de partida/chegada

Ponte do Ramo (Cuntis) - UTM:29T X:538820 Y:4717029

Percorrido

Ponte do Ramo, Muíños da Puntalta, Muíños de Portavezal, Muíños do Verdugo, Vilar de Mato, Vía Romana, Conles, Petróglifos de Cequeril, Ponte do Ramo.

Dificultade

Baixa

Duración

2 Horas
2 horas.

Servizos

Fóra da ruta, en Cuntis.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto parcialmente

Acceso a cabalo

Apto parcialmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

Nº 152-II Caldas de Reis y 153-I Codeseda

Máis información

Concello de Cuntis
Casa do Concello. Praza da Constitución, s/n. 36670 Cuntis.
Tel. y Fax: 986 532 424
e-mail: turismo@cuntis.es
www.turismodecuntis.com - www.cuntis.es

Federación Galega de Montañismo
(véxase páxina 146)

Perfil altitudinal

Altura mínima sobre o nivel do mar: 247 m.
Altura máxima sobre o nivel do mar: 389 m.
Desnivel acumulado baixando: 212 m.
Desnivel acumulado subindo: 210 m.

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Tipificación

Arquitectura tradicional
Etnografía
Interese naturalista

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba