PR-G 125 SENDEIRO DE VISANTOÑA

Sendeirismo
2900

Localización

Santiso - A Coruña

Coordenadas:
42º 51' 57.6" N - 8º 06' 43.8" W

Descrición

Esta ruta circular parte do Centro Social de Visantoña, parroquia de Santiso, e é moi apta tanto para facer a pé como en bicicleta ou a cabalo. A maior parte do camiño discorre por pistas de terra en bo estado que se encontran arrodeadas dunha paisaxe de pradarías marcada pola principal actividade económica, a gandaría.
Ao longo dos seus case 15 quilómetros de lonxitude atoparemos o conxunto de Muíños do Tajo, así como os restos das sepulturas megalíticas do Ribeiro, as mámoas, e o encoro de Portodemouros, construído nos anos 60 coas augas do río Ulla e os seus afluentes.
Existe a posibilidade de contactar con algunha das empresas de turismo activo que traballan nos arredores do embalse e contratar algunha das actividades que ofertan, como paseos en canoa e cursos de windsurf. Así mesmo, co fin de coñecer a bisbarra, recoméndase utilizar o transbordador que comunica, dende 1977, Santiso con Vila de Cruces, transportando ininterrompida e gratuitamente pasaxeiros e coches que queiran atravesar dunha ribeira a outra.

Acceso

Na N-547, á altura de Arzúa, en pleno Camiño de Santiago Francés, coller a AC-7901 de Santiso para logo se desviar a Visantoña, moi próxima ao encoro de Portodemouros.

Lonxitude

14,48 km. A ruta principal mide 14,18 km. e a derivación de ida e volta 300 m..

Punto de partida/chegada

Visantoña (Santiso) - UTM:29T X:572647 Y:4746532

Percorrido

Visantoña, Castro de Seoane, Mámoas do Ribeiro, Pazo do Ribeiro, Muíños do Tajo, Castro de Vilar de Ferreiros, Pazo de Vilar de Ferreiros, Visantoña.

Dificultade

Baixa

Duración

4 horas.

Servizos

En Visantoña.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto totalmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

96-III Agro do Chao

Máis información

Concello de Santiso
Tel.: 981 818 501
correo@santiso.gal
www.santiso.gal

Federación Galega de Montañismo
Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407
sendeirismofgm@yahoo.es
www.fgmontanismo.com

Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese xeral

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba