mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 125 SENDEIRO DE VISANTOÑA&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 125 SENDEIRO DE VISANTOÑA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/277249678/pr-g-125-sendeiro-de-visantona?tp=6%26ctre=23%26langId=gl_ES
Esta ruta circular parte do Centro Social de Visantoña, parroquia de Santiso, e é moi apta tanto para facer
a pé como en bicicleta ou a cabalo. A maior parte do camiño discorre por pistas de terra en bo estado
que se encontran arrodeadas dunha paisaxe de pradarías marcada pola principal actividade económica,
a gandaría.
Ao longo dos seus case 15 quilómetros de lonxitude atoparemos o conxunto de Muíños do Tajo, así como
os restos das sepulturas megalíticas do Ribeiro, as mámoas, e o encoro de Portodemouros, construído nos
anos 60 coas augas do río Ulla e os seus afluentes.
Existe a posibilidade de contactar con algunha das empresas de turismo activo que traballan nos arredores
do embalse e contratar algunha das actividades que ofertan, como paseos en canoa e cursos de windsurf.
Así mesmo, co fin de coñecer a bisbarra, recoméndase utilizar o transbordador que comunica, dende 1977,
Santiso con Vila de Cruces,
transportando ininterrompida e
gratuitamente pasaxeiros e coches
que queiran atravesar dunha ribeira
a outra.
Acceso
Na N-547, á altura de Arzúa, en pleno Camiño de
Santiago Francés, coller a AC-7901 de Santiso para
logo se desviar a Visantoña, moi próxima ao encoro
de Portodemouros.
Lonxitude
14,48 km. A ruta principal mide 14,18 km. e a derivación
de ida e volta 300 m..
Punto de partida/chegada
Visantoña (Santiso) - UTM:29T X:572647 Y:4746532
Percorrido
Visantoña, Castro de Seoane, Mámoas do Ribeiro, Pazo
do Ribeiro, Muíños do Tajo, Castro de Vilar de Ferreiros,
Pazo de Vilar de Ferreiros, Visantoña.
Dificultade
Baixa
Duración
4 horas.
Servizos
En Visantoña.
M.I.D.E.
Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:
Acceso en bicicleta
Apto totalmente
Acceso a cabalo
Apto totalmente
Cartografía I.G.N. (1:25:000)
96-III Agro do Chao
Máis información
Concello de Santiso Tel.: 981 818 501
correo@santiso.gal
www.santiso.gal