PR-G 126 RUTA DOS MIRADOIROS LOBEIRA-FARO DAS LÚAS

Sendeirismo
1773
No Camiño de Santiago

Localización

Pontevedra

Vilagarcía de Arousa | Vilanova de Arousa

Coordenadas:
42º 33' 30.4" N - 8º 46' 48.2" W
42º 33' 46.1" N - 8º 45' 45.8" W

Descrición

Partindo das inmediacións da Igrexa Parroquial de András, camiñamos algúns metros pola estrada e internámonos á dereita por unha pista forestal ata a primeira parada obrigatoria: o Faro das Lúas. Esta construción de aceiro inoxidable, que acabou adoptando este nome polo feito de reflectírense os raios do sol nas tres lúas situadas na súa parte máis alta, é un excelente miradoiro da Ría de Arousa e das illas de Arousa e mais A Toxa.
O camiño continúa por unha pista forestal bastante irregular pola que se ascenderá ata o Monte Lobeira (292 m), final deste percorrido. No seu cume atópase un miradoiro dende onde se pode enxergar a illa de Ons, o istmo do Grove e mesmo a serra do Barbanza e o val do Salnés, cando o día o permite. Tamén se alza un monumento ás vítimas do mar e unha placa do Almirantado británico que recorda os mariñeiros mortos no afundimento do buque escola Serpent.
Varios traballos arqueolóxicos permitiron descubrir no mesmo cume do monte 25 metros da antiga muralla e un grande alxibe no que se recollía a auga para os moradores da fortaleza.

Acceso

Na AP-9 que une Santiago de Compostela e Pontevedra coller a saída 119 pola autovía AG-41. Coller a saída 1 pola PO-300 e seguir as indicacións cara á PO-301 e á PO-9701, que nos leva directamente a András. Ao chegar á localidade, encontraremos as indicacións para acceder á igrexa.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla

Lonxitude

4,41 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Monte Lobeira (Vilanova de Arousa) - UTM:29T X:519595 Y:4712512
Punto de partida: Igrexa Parroquial de András (Vilanova de Arousa) - UTM:29T X:518185 Y:4712025

Percorrido

Igrexa Parroquial de András, Faro das Lúas, Monte Lobeira.

Dificultade

Baixa

Duración

1 hora e 10 minutos.

Servizos

Fóra da ruta, en András.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto totalmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

152-II Cambados.

Máis información

Concello de Vilagarcía de Arousa
Tel.: 986 099 200
turismo@vilagarcia.es
www.vilagarcia.es

Federación Galega de Montañismo
Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407
sendeirismofgm@yahoo.es
www.fgmontanismo.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese paisaxístico

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!