PR-G 128 RUTA DO PAN

Sendeirismo
2845

Localización

Entrimo - Ourense

Coordenadas:
41º 57' 55.2" N - 8º 08' 35.3" W
41º 58' 02.8" N - 8º 10' 02.6" W

Descrición

Esta ruta enmárcase dentro do territorio do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, o que lle dá un grande atractivo, posto que atravesa lugares que conservan o carácter propio das poboacións de montaña. Na súa parte final mostra a fronteira natural que separa Galicia de Portugal, e presenta unha equilibrada combinación de intereses culturais, etnográficos e paisaxísticos.
A pedra ten un protagonismo especial nesta ruta, podéndose contemplar un minucioso traballo de empedrado propio da mellor das calzadas, co que se pretendía suavizar os desniveis e fixar o terreo.
Tras abandonar Guxinde, unha primeira derivación invita a visitar un muíño restaurado. Máis adiante, un segundo desvío diríxese á aldea da Pereira. Atravesando as últimas casas da poboación vólvese conectar co camiño principal, converténdose esta derivación en case unha pequena circular.
Unha vez que se regresa á ruta principal, e tras pasar pola Gurita, chégase ao lugar coñecido como A Casa do Frade, que marca o límite con Portugal e que nos ofrece unha espectacular panorámica do Parque Natural. Douscentos metros máis abaixo do miradoiro atópase o Muíño da Casa do Frade, recentemente restaurado, pero que non se aconsella visitar xa que o seu acceso é perigoso.

Acceso

Na OU-540, que une Ourense con Portugal, continuar pola OU-1212 que pasa por Entrimo e chega a Guxinde.

Un plus

PARQUE NATURAL BAIXA LIMIA-SERRA DO XURÉS

Este espazo natural e mais o de maior importancia en Portugal, o Parque Nacional Peneda-Gerês, dan forma a un só espazo protexido de carácter transfronteirizo, único en Europa, tamén declarado Reserva da Biosfera.
Está situado no suroeste da provincia de Ourense e abrangue as zonas máis elevadas dos concellos de Entrimo, Lobios e Muíños, lindeiros con Portugal. Un dos seus principais atractivos é a súa gran variedade de paisaxes, con serras esgrevias nas que o granito é o protagonista e pequenos ríos que en ocasións baixan en cadoiros e saltos de auga. Destaca a Fervenza da Fecha, que é a máis longa de Galicia.
Nos seus cumes predomina a vexetación de monte baixo, escondendo os seus vales zonas de carballeiras. Entre a súa fauna destaca o lobo, a cabra montesa e o chamado pony galego ou garrano, con programas de reintrodución e recuperación. Así mesmo, é o mellor lugar de Galicia para ver exemplares da vaca cachena, unha raza bovina autóctona, de pequeno tamaño e longos cornos, adaptada á dureza da serra.

Lonxitude

6,73 km. A ruta principal mide 4,16 km. e as derivacións de ida e volta 2,57 km..

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: A Casa do Frade (Entrimo) - UTM:29T X:569115 Y:4646715
Punto de partida: Guxinde (Entrimo) - UTM:29T X:571126 Y:4646500

Percorrido

Guxinde, A Pereira, O Mioto, A Gurita, A Casa do Frade.

Dificultade

Media

Duración

1 hora e 40 minutos.

Servizos

Fóra da ruta, na Terrachá, capital do Concello de Entrimo.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Non apto

Acceso a cabalo

Non apto

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

301-I Entrimo.

Máis información

Concello de Entrimo
Tel.: 988 434 666
concello.entrimo@eidolocal.es
www.concelloentrimo.es

Federación Galega de Montañismo
Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407
sendeirismofgm@yahoo.es
www.fgmontanismo.com

J TABOADA (Técnico homologador de sendeiros)
Tel.: 626 835 030
xullotaboada@hotmail.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Arquitectura tradicional
Etnografía
Interese paisaxístico

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!