PR-G 142 RUTA DAS FÉRVEDAS

Sendeirismo
2983

Localización

Carballo - A Coruña

Coordenadas:
43º 11' 49.3" N - 8º 40' 42.0" W
43º 07' 23.7" N - 8º 40' 56.8" W

Descrición

A falla que forma a Depresión Meridiana, un dos accidentes xeográficos máis importantes de Galicia que se estende de Norte a Sur, divide as parroquias de Rus e Entrecruces en dúas partes: as denominadas «Alta» e «Baixa». Este fenómeno natural provocou a aparición de dous saltos de auga coñecidos como férvedas que lle dan nome a esta ruta.
Partindo da Brea, tras cruzar a aldea de Carracedo, o sendeiro desvíase para visitar a Capela de Nosa Señora dos Remedios en Vivente.
Nas proximidades da Pena hai dúas opcións: coller a variante que bordea o Monte da Peniqueira e se xunta novamente coa vía principal cerca de Betrís, ou continuar cara ao Coto do Castro para contemplar os restos arqueolóxicos do muro defensivo deste poboado galaico-romano.
Descendemos cara á Férveda de Rus, tamén coñecida como de Ramil, á que se accede por unha derivación que apenas abandona o percorrido principal.
Tras cruzar o Rego da Férveda, un sinal indica a presenza da igrexa barroca de Santa María de Rus. O camiño continúa por un bosque frondoso ata chegar á Igrexa de San Xens de Entrecruces.
A partir de aquí iníciase un forte ascenso ata encontrar o desvío á Férveda de Entrecruces, onde o río Outón salva 50 metros de desnivel e se poden contemplar os restos dunha pequena central hidroeléctrica que abastecía a Carballo a principios do S. XX.
De volta á ruta principal, a poucos metros, atópase o final do percorrido na Capela de San Paio, de estilo gótico.

Acceso

Carballo é a capital da comarca de Bergantiños na provincia da Coruña. Na AC-1914, que une Carballo con Santiago de Compostela, moi cerca do centro, encontraremos un sinal que indica o acceso ao lugar coñecido como A Brea.

Lonxitude

24,1 km. A ruta principal mide 18,6 km., as derivacións de ida e volta 5,5 km. e a variante 3,5 km..

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Capela de San Paio - UTM:29T X:525950 Y:4774764
Punto de partida: A Brea - UTM:29T X:526259 Y:4782960

Percorrido

A Brea, Carracedo, Capela da Nosa Señora dos Remedios, A Pena, Coto do Castro, Férveda de Rus, A Redonda, Igrexa de San Xens de Entrecruces, Férveda de Entrecruces, Capela de San Paio.

Dificultade

Media - Alta

Duración

8 horas.

Servizos

Fóra da ruta, en Entrecruces.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto totalmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

44-IV Laracha y 69-II A Silva.

Máis información

Concello de Carballo
Tel: 981 704 100
 infocarballo@carballo.gal
www.carballo.org

Federación Galega de Montañismo
Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407
sendeirismofgm@yahoo.es
www.fgmontanismo.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese naturalista
Interese paisaxístico

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!